A Maridaxe dos Sentidos de Melide chega a Madrid

A Maridaxe dos Sentidos de Melide chega a Madrid

O pasado mércores 22 de novembro, a repostería tradicional de Melide viaxou a Madrid xunto a Aguardientes de Galicia para levar a cabo unha Maridaxe dos Sentidos na Tenda Pop Up Galicia. Saberes e Sabores.

Ás 16.30 no Palacio de Santa Bárbara, a Asociación de Repostería Tradicional de Melide e a sumiller Sonia Otero, enóloga e vocal do Consello Regulador de Aguardientes de Galicia encargáronse de achegar aos invitados á repostería máis tradicional de Melide, en concreto á Festa do Melindre de Melide.

Tras ela, os alí presentes puideron disfrutar tamén dun obradoiro de aperitivos galegos e degustacións. Aínda que non foi o único, xa que durante os días que esta feira se mantén aberta en Madrid, os interesados na gastronomía galega tamén puideron participar e poderán seguir facéndoo en obradoiros de cociña galega gourmet, obradoiros de empanadas e inclusive un obradoiro de decoración do nadal.

Nesta Tenda Pop Up na que a tradición e a gastronomía galega son o eixo vertebrador, os visitantes tamén puideron disfrutar de algúns showcookings dos máis recoñecidos chefs galegos como Lucía Freitas ou Pepe Solla, ámbolos dous membros do Grupo Nove.

Esta feira inaugurada o pasado día 15, rematará o vindeiro domingo 26, cunha sesión vermut e un obradoiro ‘Magosto con castañas e bolos preñados’.

 

Programación de la Tienda Pop Up Galicia. Saberes y Sabores. Organizada en Madrid, en el Palacio de Santa Bárbara del 15 al 26 de noviembre.

Comparte...