Concurso de carteles anunciadores de la Festa do Melindre de Melide

Melide premiará o mellor cartel anunciador da Festa do Melindre

O concello de Melide premiará con 300 euros e un lote de produtos da súa repostería tradicional ao gañador do concurso polo que se elixirá o cartel da vixésimo cuarta edición da Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional da Terra de Melide que ven de convocar.

As propostas poderán presentarse ata o seis de abril de 2015. A temática dos carteis será o melindre e a repostaría tradicional da Terra de Melide, e comprenderá desde ingredientes e procesos de elaboración até a propia festa de exaltación do melindre e a repostaría da Terra de Melide. Deberase ter en conta a festa que trata de anunciar e facer especial fincapé nos produtos homenaxeados: melindres, ricos e amendoados.

Os materiais e técnicas serán libres.

Bases do concurso do cartel anunciador da Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional Terra de Melide
Comparte...