O melindre de Melide protagoniza unha masterclass con vinho verde na EHT de Viana do Castelo

O melindre de Melide protagoniza unha masterclass con vinho verde na EHT de Viana do Castelo

O melindre de Melide e os doces típicos da repostaría tradicional melidense serán os protagonistas, o venres día 28 de abril, dunha xornada de maridaxe con vinho verde na Escola de Hotelaría e Turismo (EHT) de Viana do Castelo (Portugal) para os alumnos da especialidade de pastelería.

Este proxecto de internacionalización da festa na rexión norte de Portugal, pasa pola divulgación dos melindres e doces típicos da repostería tradicional de Melide entre os futuros cociñeiros e hosteleiros que se están formando nas EHT, da mano dos mestres reposteiros da Asociación de Repostería Tradicional de Melide.

Na xornada participarán adegas e viños de DOC Vinho Verde e membros do ente de Turismo Norte de Portugal, así como persoal docente da EHT de Viana do Castelo.

Continúa así a promoción da repostería tradicional de Melide nos actos do “XXVI edición da Festa do Melindre”, #Melindre2017,  que en palabras da alcaldesa Dalia García Couso, “serven para proxectar o noso concello no exterior e afianzar a nosa festa, como un dos motores de atracción do turismo e da gastronomía en Melide, Cerne de Galicia .”

Comparte...