O V Encontro Corazón da Artesanía de Agolada contará con ricos, melindres e amendoados de Melide

O V Encontro Corazón da Artesanía de Agolada contará con ricos, melindres e amendoados de Melide

O municipio pontevedrés de Agolada acollerá o V Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, Corazón de Artesanía, os días 8, 9 e 10 de xullo

A Asociación de Respostería Tradicional Melide Terra Doce estará presente neste evento, organizado pola Fundación Centro Galego de Artesanía e do Deseño

Ricos, melindres e amendoados de Melide terán un oco nos stands que se situarán nunha localización moi especial: os pendellos da feira da vila. Trátase de construcións de pedra do século XVIII empregadas antigamente polos feirantes para resgardarse, comer o facer vendas e compras.

Os produtos típicos da respostería melidense compartirán espazo con máis de corenta postos nunha feira que está consolidada como un encontro de referencia no sector e que continúa ampliando a súa oferta con máis obradoiros artesáns e postos de alimentación.

Xeado de rico

A maiores da promoción e difusión dos doces tradicionais de Melide, os ricos serán protagonistas no showcooking Artesanía no Prato que terá lugar o sábado ás 20.30 horas. O coñecido cociñeiro do restaurante A Estación de Cambre, Xoán Crujeiras, utilizará os ricos melidenses para a elaboración dun xeado.

Servizo de autobuses dende Melide

Os veciños de Melide que desexen asistir á feira contarán cun servizo de autobús gratuito que sairá do cruce coa estrada de Agolada.

  • Venres: ida ás 18.00 e volta ás 23.45 horas
  • Sábado: ida ás 18:45 e volta ás 23.45 horas
  • Domingo: ida ás 18.45 e volta ás 21.30 horas
Comparte...