Melindres de Casa Estilo de Melide con marca de Excelencia

Melindres de Casa Estilo de Melide con marca de Excelencia

O Centro de Promoción de Produtos Tradicionais (CTP) -entidade avalada por Galicia Calidade e o Eixo Atlántico– vén de conceder aos melindres, ricos e amendoados da Pastelería Casa Estilo de Melide o uso da marca ‘Excelencia’ e a súa designación como produtos tradicionais de Galicia e o Norte de Portugal.

O representante deste forno reposteiro, Alberto Rodríguez, recibiu con entusiasmo esta nova, que interpreta coma un premio á aposta pola mellora da calidade que, asegura, seguiu Casa Estilo dende fai tres xeracións. “É un recoñecemento ao traballo de todos os días, á escolla coidadosa de ingredientes e á vixilancia constante pola mellora da calidade”, afirma.

Ademais, considera que a distinción “sitúa aos produtos propios de Melide na vangarda da excelencia gastronómica non só en Galicia, senón tamén no Norte de Portugal”.

Agora, Casa Estilo xa pensa en novos horizontes para difundir o seu xeito de entender a repostería e para trasladar a imaxe de Melide coma orixe de “produtos tradicionais excelentes”.

Comparte...