Melindres Ricos & Coffe Tour, do 2 ao 8 de maio en Melide

Melindres Ricos & Coffe Tour, do 2 ao 8 de maio en Melide

Do 2 ao 8 de maio Melide vivirá a segunda edición do Melindres Ricos & Coffe Tour na que os hostaleiros da vila ofrecerán un capuchino acompañado de algún dos doces tradicionais da vila (melindres, ricos e amendoados) a un prezo de dous euros.

Os hostaleiros participantes Terán oportunidade de asistir a unha master class impartida polo barista Damián Seijas, un dos mellores de España na súa especialidade, que proporcionará formación e ideas para elaborar os capuchinos.

A actividade inclúese nos actos previos á Festa do Melindre e da Repostería da Terra de Melide, que Terán lugar o 11 de maio.

Comparte...