O grupo Méndez-Rojo desembarca no Salón Gourmets de Madrid coas 5 DO ga

O grupo Méndez-Rojo desembarca no Salón Gourmets de Madrid coas 5 DO ga

A 31 edición de Salón de Gourmets foi a cita elixida como escenario para a posta de longo da firma referente de viños das cinco denominacións de orixe galegas: Méndez-Rojo. A familia Méndez-Rojo, que ten adegas nas cinco DOs galegas, destinará a súa selección de viños á canle Horeca. O catálogo ofrece unha coidada selección de viños elaborados a partir das principais variedades de uva cultivadas en Galicia: albariño, mencía, godello, e treixadura entre outros.

Méndez-Rojo é o legado dunha tradición familiar que comezou hai 80 anos cultivando a vide nunha vila do corazón de Galicia, Chantada, ubicado na Ribeira Sacra do Miño. Alí naceu a adega Penouzos, coa que o grupo daba os seus primeiros pasos nos anos 40. Persistencia, investigación e o coidado e selección das mellores uvas deron como resultado viños que aúnan a calidade do produto autóctono e unhas características orográficas e climáticas únicas que dotaron de gran recoñecemento os viños de Méndez-Rojo. Familia, tradición, innovación e compromiso coa terra son os valores que contribúen á elaboración dalgúns dos mellores viños galegos.

Salón de Gourmets

Méndez-Rojo presenta na 31 edición de Gourmets a súa selección de viños das cinco denominacións galegas: D.O Rías Baixas, D.O Ribeiro, D.O Ribeira Sacra, D.O Monterrei e D.O Valdeorras. A firma estará no Pavillón 6, Stand 6, E10 ata o 27 de abril.

Trátase dunha selección de viños de calidade destinados á distribución en Horeca en todo o territorio nacional. Entre eles, os viños da adega Vía Romana na D.O Ribeira Sacra, Pazo As Barreiras en Rías Baixas, Marqués de Sanfiz en D.O Ribeiro, Lagar de Deuses en Monterrei e a gama de Mil Ríos que a familia elabora en Terriña, unha das adegas máis antigas da D.O Valdeorras.

Un percorrido polas 5 D.O.s Galegas

Méndez-Rojo protagonizará un dos eventos incluídos no calendario de actividades da feira: “Un percorrido polas 5 D.O.s Galegas”. Trátrase dunha cata-presentación impartida por Mariano Fisac, autor de recoñecidas publicacións coma o blog mileurismogourmet.com e o libro ‘Galicia entre copas’.É un evento dirixido a wine lovers que estén dispostos a gozar dun percorrido polas 5 D.O.s galegas no que coñecerán as particularidades de cada un dos viños referencia do Grupo.

Comparte...