MENÚ MICOLÓXICO EN PANDEMONIUM

MENÚ MICOLÓXICO EN PANDEMONIUM

Do 30 de outubro ao 18 de novembro o restaurante Pandemonium (Cambados, Pontevedra) ofrecerá un menú degustación no que os protagonistas serán os cogomelos.

O menú comporase de salpicón de lumbrigante sobre níscalos escabechados; caldo concentrado de cogomelos, croca e cantarelus cibarius; sobre unha masa crocante un carpaccio de boletus edulis confitados; peixe do día sobre un estufado de fungos e oporto branco; tataki de vaca galega cunha parmentier de trufa e pastel de mazá con xeado de vainilla.

O prezo do menú é de 35 euros.

Comparte...