Última semana para gozar no Mercado da Colleita, na Coruña

Última semana para gozar no Mercado da Colleita, na Coruña

Ata o sábado 11 de outubro, a tenda permanecerá aberta cos produtos gastronómicos que ocuparon este espazo

O pop-up store do Mercado da Colleita termina a súa maré gastronómica na Coruña tras máis de dous meses de divulgación do agro na cidade

Tralo paso de 12 iniciativas, o pop-up store do Mercado da Colleita, na rúa Riego, pechará a s súas portas o vindeiro sábado ás 22:00 horas. Nesta última semana, o espazo  despedirase presentando todos os produtos de alimentación que pasaron por este proxecto desde a súa apertura o mes de xullo.

A tenda efémera do Mercado da Colleita quere divulgar as posibilidades do rural de Galicia  a través de obradoiros , catas, degustacións, charlas…

Cada semana, a tenda foi mudando de imaxe e máis de protagonista. Polo establecemento pasaron proxectos, algúns deles de produtos gastronómicos galegos, como os queixos de Cortes de Muar, os ovos e marmeladas de Pazo de Vilane, os aceites Olei, as galletas mariñeiras de Daveiga, as galletas de nata de Granxa Maruxa, os iogures e leite ecolóxicos de Arqueixal, as sidras Maeloc ou os viños Ponte da Boga.

gastronomia-productos-galicia

Comparte...