Mercedes González consegue o título de formadora homologada de cava

Mercedes González consegue o título de formadora homologada de cava

A catadora lucense Mercedes González, embaixadora española de champaña desde o ano 2006 e colaboradora de BenBo, conseguiu o título de formadora homologada de cava polo Institut do Cava

Así mesmo, a experta foi seleccionada para formar parte do xurado do Concuso de Viños Internacional Vino y Mujer, que se celebra o próximo 30 de marzo en Madrid, na Escola Española de Cata. Aos premiados de cada categoría se lles outorgarán as credenciais Gran Diamante, Diamante e Rubí, e serán presentados no mercado nacional e asiático por requirimento de importadores e distribuidores estranxeiros.

Pódense presentar a estes premios todos aqueles viños que fosen elaborados por adegas nas que a muller comparte o 50% da responsabilidade nas principais áreas: produción, comercialización, márketing, etc. O xurado, á súa vez, estará tamén composto exclusivamente por mulleres profesionais do mundo do viño que decidirán cales son os mellores a través de catas a cegas. E ademais, serán valorados polos consumidores o 1 de abril nunha cata pública homenaxe á muller, organizada por Vinoquedadas.com.

Comparte...