Merito á Accesibilidade para a Ruta do Viño Rías Baixas

Merito á Accesibilidade para a Ruta do Viño Rías Baixas

A Asociación Española de Ciudades del Vino (ACEVIN) outorgou á Ruta do Viño Rías Baixas o premio “Mérito a la Accesibilidad“, polo desenvolvemento, durante o pasado ano, dun taller de memoria sensorial ofrecido a uns vinte socios de ONCE Galicia. Juan Gil de Araujo, presidente da asociación, foi o encargado de recoller o galardón en Madrid, durante a celebración dos gala “Premios del Enoturismo Rutas del Vino de España“.

Para Gil de Araujo, o premio reforza a convicción da súa asociación para “seguir traballando por un enoturismo inclusivo” e para ofecer experiencias que “poden e deben ser gozadas por todas as persoas”. O compromiso da asociación coa accesibilidade viuse reforzado durante o pasado verán, coa incorporación da Ruta do Viño Rías Baixas á “Guía de Rutas Enológicas Accesibles para Todas las Persoas“, elaborado pola Plataforma Representativa Estatal de Personas con Discapacidad Física (PREDIF).

Ademais do premio outorgado á Ruta Rías Baixas, ACEVIN entregou á adega Pazo Baión o premio ao “Mejor Rincón Enoturístico”; e ao hotel Quinta de San Amaro a “Mención Especial al Mejor Alojamento Enoturístico”.

Comparte...