A Mesa da Castaña traballará para fomentar e promocionar este produto

A Mesa da Castaña traballará para fomentar e promocionar este produto

A orde de creación da Mesa da Castaña foi presentada no Consello Forestal de Galicia, o cal tivo lugar este venres

A Mesa da Castaña traballará como órgano responsable para o fomento, promoción e mellora deste produto tan significativo en Galicia. Desde xeito, xa se poderá comezar a tramitación para crear esta institución da que formarán parte produtores, operadores, comercializadores, almacenistas, industrias de procesado e viveiristas, ademais de representantes da administración.

A orde presentada establece que a mesa estará presidida polo titular da dirección xeral competente en materia de montes e composta, ademais, por un total de dez vogais, en representación da propia Xunta e dos axentes relacionados coa castaña.

A IXP

Desde o ano 2009 funciona, también, a Indicación Xeográfica Protexida (IGP) “Castaña de Galicia”, un indicativo que ampara as producións de calidade diferenciada y que teñen como base este produto forestal.

A Mesa da Madeira

Do mesmo xeito, no Consello Forestal presentouse o proxecto de orde pola que se regulará tamén a organización, funcionamento e composición da Mesa da Madeira. Este órgano nace co obxectivo de “converterse no marco estable de diálogo, no que se impliquen todos os axentes do ámbito produtivo forestal e onde se afronten de maneira operativa e técnica as iniciativas e problemas que se presenten”.

O obxectivo final é impulsar o sector forestal e valorizar o seu papel á hora desenvolver o rural e fixar poboación a través do emprego. Polo tanto, nela estará representado o sector produtivo forestal: propietarios forestais, empresas e industrias de produtos forestais e empresas de servizos forestais, así como membros da administración autonómica.

Comparte...