MexilOnseTuits, o Festival Social Media de Galicia, abre o seu período de candidaturas e inscripcións

MexilOnseTuits, o Festival Social Media de Galicia, abre o seu período de candidaturas e inscripcións

MexilOnseTuits, o Festival Social Media de Galicia ligado está ao mundo da gastronomía que celebrará a súa segunda edición en Bueu o 2 de xuño vén de abrir a convocatoria para optar aos Premios Galegos do Marketing en Medios Sociais

No formulario do seu portal web poden presentarse as candidaturas ata o 5 de maio

Además, a través da web os interesados no Social Media de Galicia terán acceso a toda a información que se vaia xerando arredor deste evento.

O prazo para inscribirse e poder acudir como público ao evento tamén está aberto, a través do formulario do enderezo electrónico. A entrada, ademais do acceso ao recinto onde se desenvolverá todo o evento, dá dereito a unha degustación de produtos típicos e ao resto das actividades que completarán o Festival, como unha visita guiada ao Museo Massó ou saídas en embarcacións tradicións desde o porto de Bueu.

Os premios MexilOnseTuits terán nesta edición cinco categorías: Mellor Axencia 2012Mellor Blog, no que se inxerirán a súa vez cinco categorías: Mellor Blog de ModaMellor Blog CulturalMellor Blog TurísticoMellor Blog Gastronómico e Mellor Blog TecnolóxicoMellor Campaña en Canles SociaisMellor Video Viral e finalmente o de Mención Especial.  Os encargados de decidir finalistas e gañadores serán, unha edición máis, destacados profesionais e especialistas do eido 2.0.

Promover o 2.0 e o Morrazo

MexilOnseTuits son os Premios Galegos do Marketing en Medios Sociais, un proxecto no que teñen cabida diferentes entidades da comarca do Morrazo que, baixo a temática das novas tecnoloxías e os medios de comunicación social, tenta tamén poñer en valor e dar a coñecer esta fermosa península no seu conxunto (gastronomía, patrimonio, natureza…).

Comparte...