Mel de Galicia acredítase como entidade de certificación de produto

Mel de Galicia acredítase como entidade de certificación de produto

Un recoñecemento que pode ser práctico de abondo para o organismo que regula o mel galego

A Indicación Xeográfica Protexida (IGP) Mel de Galicia logrou acreditarse como entidade de certificación de produto con nº 140/C-PR280, concedida por ENAC, de acordo coa norma UNE-NISO/IEC1706 .

O certificado garante que todo o proceso de extracción, almacenamento e envasado cumpren os requisitos de calidade que este certificado esixe. Ademais, o aval de ENAC facilita os trámites técnicos que deben pasar os produtos para a súa exportación a distintos países.

Esta acreditación, segundo Ester Ordóñez, presidenta da IGP Mel de Galicia, “achega fiabilidade e recoñecemento ao produto á vez que reforza a imaxe de marca e supón, ademais unha garantía máxima para o consumidor de que o Mel de Galicia cumpre con todos os requisitos indicados no Prego de Condicións, máis restritivos que a norma de calidade do mel”.

Comparte...