Bee Happy Market, cita arredor do mel de Galiciao sábado 2 de abril no Porriño

Bee Happy Market, cita arredor do mel de Galiciao sábado 2 de abril no Porriño

A “Feira Apícola Rías Baixas” chega á XXVIII edición cun amplo programa centrado no mel de Galicia

A vila do Porriño acolle o sábado 2 de abril unha nova edición do mercado Bee Happy Market no marco da Feira Apícola Rías Baixas, unha xornada co mel de Galicia como eixo dun amplo número de actividades. Esta cita, que excede o gastronómico, está organizada pola Agrupación Apícola de Galicia e a Asociación de Apicultores da provincia de Pontevedra.

Talleres infantís na praza do Concello, contos centrados no mel de Galicia, catas de mel impartidas por Beatriz Ríos Cebreiros, técnica do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida (IXP), espectáculos de maxia, artesanía… son algúns dos seus ingredientes lúdicos.

Na parte formativa do programa atópanse as xornadas técnicas de apicultura que se desenvolverán no Centro Cultural do Porriño de 10:00 a 20:30 horas, con atención a trampas ecolóxicas e caseiras para cazar á vespa velutina; dispositivos antirrobos de colmeas; sesións sobre a biodiversidade das abellas melíferas; talleres de inseminación arti?cial das abellas reina…

Durante o transcurso desta Feira Apícola na Louriña terá lugar unha recollida de sinaturas para modificaren a lexislación relativa o mel. Dacordo coa organización, búscase “paliar as deficiencias na etiquetaxe do mel, procurando que o consumidor poida discernir claramente a súa procedencia”. Para alertar desta controversia poderase atopar a campaña en redes sociais baixo a etiqueta #EtiquetadoClaroYA.

Comparte...