MEL DE GALICIA, DOCE E SOLIDARIA

MEL DE GALICIA, DOCE E SOLIDARIA

Mel de Galicia quere reunir 2012 xoguetes para nenos sen recursos coa súa campaña “Fai a súa vida un pouco máis doce”.

Ata o 11 de decembro, na sede do Consello Regulador recepcionaranse os agasallos (novos e non bélicos) que se lle queiran facilitar. E o día 12 organiza un taller de empaquetado creativo para todos os públicos, cun custo dun xoguete, no Centro Comercial As Cancelas de Santiago.

Resérvanse prazas para o curso no correo ourodoce(arroba)mieldegalicia.org

Ao final do taller entregarase o logrado a Cáritas Galicia.

A sede do Consello é Pazo de Quián s/n, Sergude. 15881 Boqueixón,A

Coruña.

Comparte...