Miguel González Quintela (Ourense), premio do Xurado Profesional no certame De Tapas por Galicia

Miguel González Quintela (Ourense), premio do Xurado Profesional no certame De Tapas por Galicia

O mellor petisco galego está en Ourense. Miguel González Quintela, do Restaurante Gastrobar  Sanmiguel e, representante desta cidade, alzouse co Premio do Xurado Profesional na terceira  Gala  Show  Cooking  Mellor  Cociñeiro  De  Tapas  por  Galicia,  celebrada  no  Hotel Monumento San Francisco. A súa receita ‘Vieira de outono’ foi recoñecida por profesionais do sector. O Premio Especial do Público foi para Pablo Fuentes e Alberto Rodríguez (La Bodega de Estrella, Ferrol) coa receita ‘O choco da nosa ría’.

Os  gañadores  das  edicións  de  2016  dos  concursos  de  petiscos  das  sete  cidades  de  Galicia xuntáronse para  un  evento  de  cociña  en  directo  organizado  por  Turismo  de  Galicia  co  obxectivo  de  potenciar  o  turismo  urbano  e  gastronómico,  aproveitando  a  puxanza  dos cociñeiros galegos. No acto estiveron presentes a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo; e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez  Castro, quen salientou  o  papel  que  a  gastronomía  ten  na  estratexia  turística  galega,  “porque  queremos convertela na punta de lanza dos produtos singulares e diferenciais de Galicia”. Por  iso,  na  nova  folla  de  ruta,  a  Estratexia  do  Turismo  2020,  inclúese,  entre  outras  medidas,  o  impulso á enogastronomía cun marcado enfoque turístico e no que terá cabida tanto a cociña  de  vangarda  como  a  máis  tradicional.  Será  un  traballo  que,  como  explicou  Nava  Castro,  permitirá  facer  unha  diagnose  do  sector e  dos  recursos  culinarios  para  posicionar así Galicia  aínda máis como destino gastronómico.  No  evento,  presentado  pola  xornalista  María  Cheda, os  chefs  remataron  os  seus  pratos  en directoe explicaron o seu proceso de creación. O xurado profesional valorou a orixinalidade e  o respecto polo produto galego da tapa gañadora. Formaron  parte  do  panel  de  expertos  Cesáreo  González  Pardal,  secretario  do  Clúster  de Turismo de Galicia; Roberto Walther, xefe do Departamento de Cociña no Centro Superior de  Hostelería  de  Galicia;  Belén  do  Campo  Piñeiro,  directora  xeral  de  Gandaría,  Agricultura  e  Industrias Agroalimentarias; José Manuel García, xornalista da Radio Galega; e Gerson Iglesias,  cociñeiro gañador en 2016 do Premio do Público.  O  Premio  Especial  do  Público  foi,  pola  súa  banda,  outorgado  pola  votación  de  varios  convidados  á  Gala,  elixidos  ao  azar.  Os  gañadores  en  ambas  as  dúas  categorías  foron  galardoados cunha estancia  dunha  fin  de  semana  nun  balneario galego; e  cun  trofeo  creado especificamente para a cita polo escultor Luís Loureira.

A  final  do  certame  De  Tapas  por  Galicia  en  Compostela contou coa presenza de Rubén  González  e  Sergio  Orge,  gañadores  en  2016,  do  Cafetín  (Pontevedra);  Chisco  Jiménez  e  Xalo  Muñiz  da  Taberna  da Galera (A Coruña); Pablo Vila, do Hotel Puerta del Camino (Santiago); Pablo Fuente e Alberto González, de La Taberna de Estrella  (Ferrol); Rafael Pérez Iglesias, de La Carpintería (Vigo); Miguel González Quintela, do Restaurante Gastrobar Sanmiguel (Ourense); e Álvaro Villasante Armas, do Paprica (Lugo).

Comparte...