Moda, emocións e viño Ribeiro, o 1 de xuño en Santiago

Moda, emocións e viño Ribeiro, o 1 de xuño en Santiago

A Cidade da Cultura recibirá o 1 de xuño Enocións by Ribeiro, onde xuntaranse as adegas GRM, Nairoa, Viña da Cal e Pazo do Mar e a moda inspirada no viño da deseñadora galega María Barros. Como aperitivo, visita guiada á exposición Con-Fío en Galicia

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro retoma o seu proxecto Enocións by Ribeiro, no que se harmonizan distintas disciplinas artísticas coa degustación dos viños que mellor expresan emocións e a esencia de Galicia.

A moda será o eixo da nova acción Enocións by Ribeiro. Celebrarase o próximo 1 de xuño no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia. Baixo o título Viño e moda, os asistentes poderán descubrir as creacións da Colección Coupage da deseñadora coruñesa María Barros, maridadas con catro viños da D.O. Ribeiro. A visita guiada comezará ás 19.00 horas, e a presentación dos deseños e cata de viños, ás 20.00 horas.

A Colección Coupage de María Barros está inspirada no mundo do viño. A deseñadora será a encargada de explicar as súas creacións xunto á xerente da D.O. Ribeiro, Cristina Alcalá, quen colaborou na elaboración da colección. Esta acción trátase dunha simbiose harmonizada cos viños Adeus, de Bodegas GRM; Alberte, de Bodegas Nairoa; Alter, de Viña da Cal; e Expresión de Pazo do Mar, de Adegas Pazo do Mar.

Unha colección que parte do mundo do viño

Baseándose nos diferentes procesos creativos do viño e os seus elementos de produción natural, María Barros preparou unha colección no que o espírito da deseñadora fusiónase co do enólogo para converterse nunha mesma alma. Coa esencia de ambas disciplinas e fundamentado no modo de traballo no coupage, María Barros realizou a súa propia composición de texturas, formas, cores e siluetas para lograr o equilibrio na proporción desexada.

Las entradas están a la venta en Ticketea; en A Reixa Tenda y en el espacio enocultural Vide-Vide, en Compostela; y en la sede del C.R.D.O. Ribeiro, situada en Ribadavia.

Comparte...