Monforte énchese de gastronomía na décima edición do Cume Tapas

Monforte énchese de gastronomía na décima edición do Cume Tapas

A X edición do Cume Tapas Monforte arrincou o sábado 26 de maio e prolongarase ata o próximo 10 de xuño para que todos os que se queira achegar a calquera dos 20 locais participantes poidan probar os seus petiscos. Como cada ano, os locais de hostalería de Monforte volvense unir para crear diferentes tapas que se venderán a un prezo de 1,50 euros.

O  Cume Tapas Monforte premiará as mellores tapas do certame, que se  elixirán de dúas maneiras: mediante un xurado profesional e por xurado popular. Así, o xurado profesional estará composto por nomes de recoñecido prestixio como o chef Alberto Lareo (propietario do restaurante Manso de Santiago de Compostela), o enólogo Roberto Regal López ou o xerente do Nuevo Casino de Aranjuez,  Francisco Javier Sánchez. O director técnico do xurado volverá a ser o chef Quique Rodríguez, presentador do programa “Tiempo de gastronomía” e cociñeiro do luxoso hotel Villa Magna de Madrid.  Ademais o propio público fará de xurado, xa que os clientes votarán en cada establecemento a calidade das súas tapas.

Así, haberá premios para a tapa máis creativa, o petisco máis tradicional e a tapa cunha maridaxe máis especial con viño da Ribeira Sacra. Este ano, como novidade a X  Cume Tapas de Monforte, premiará á mellor tapa infantil do concurso.

Ademais haberá un premio ao gremio, no que os propios  hostaleiros deberán valorar o mellor pincho realizado polos seus compañeiros. Tamén haberá un premio á tapa máis saudable. Ademais, na xornada de valoración, xulgaranse tamén as tapas elaboradas por aquelas persoas que decidan demostrar as súas habilidades culinarias, outorgando premios individuais.

Para fomentar a participación no X Cume Tapas Monforte, a organización realizará sorteos entre todos aqueles que completen o circuíto polos establecementos participantes. Así os que proben os  petiscos dos vinte locais entrarán no sorteo dunha viaxe ao Museo Jurásico de Asturias e dous cofres regalo.

Os locais participantes no concurso desta ano serán Abadía San Simón, Adega do Carlos, Alola, Awa Monforte, Casablanca, Cervecería Mulligan”s, Chokolat, DaVinci, El Convento, El Jardín de las Delicias, MC, MON Come y Sueña, O Cruceiro, O Grelo, O Pincho, O Rabeno, O Viñedo, Parador de Turismo, Tapería Brancellao y el Centro do Viño

Comparte...