A Denominación de Orixe Monterrei asinan un acordo para favorecer aos seus viticultores e adegas

A Denominación de Orixe Monterrei asinan un acordo para favorecer aos seus viticultores e adegas

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei e Abanca asinaron un acordo polo que os viticultores e adegas desta denominación de orixe galega contan con novas opcións para financiarse e produtos bancarios

É o caso dunha póliza de crédito, extensible ata cinco anos, e que, segundo a nota divulgada polo organismo regulador, “mitiga os efectos da entrada en vigor da Lei 12/2013 de medidas para mellorar o funcionamento da cadea alimentaria”.

Outras posibilidades neste abano son préstamos para a reparación ou adquisición de nova maquinaria, liñas de comercio exterior para apoiaren a internacionalización das adegas, financiamento a través de leasing, avais, anticipos de subvencións ou impostos e liñas de desconto comercial ou produtos específicos, tanto para produtores (liña para explotacións vitivinícolas, seguro de saúde colectivo e seguro de accidentes colectivo), como para adegas (seguro pemes adegas).

No acto de sinatura, en Verín, estiveron presentes o presidente do CRDO Monterrei, José Antonio da Silva Pereira; o director de ABANCA Agro, Jesús Combarro; e máis o director de Zona de ABANCA en Ourense Sur, Diego Daniel Fernández Borrajo.

Comparte...