A D.O. Monterrei forma parte das Xornadas Enogastronómicas Culturais PicoTeo 2017

A D.O. Monterrei forma parte das Xornadas Enogastronómicas Culturais PicoTeo 2017

Verín (Ourense), 06 de novembro de 2017.– A D.O. Monterrei forma parta da primeira edición das Xornadas Enogastronómicas Culturais PicoTeo 2017, organizadas polo municipio de Teo.

Ao longo destas semanas, os blancos e tintos de Monterrei forman parte desta iniciativa na que dezanove establecementos de hostalería de Teo ofertan pinchos ou menús maridados cun viño galego con denominación de orixe. Os presos do pincho e a copa son 3 euros; a ración e dúas copa por 7,5 euros ou menú con copa de viño a 15 euros. Esta iniciativa tamén conta cun componente cultural, e os locais contan con música en directo.

A clausura destas primeiras xornadas gastronómicas terá lugar na xornada do 11 de novembro, coincidindo coa feira de San Martiño. Na mesma estarán, xunto á D.O. Monterrei, outras denominación vitivinícolas galegas, así como de produtos da comunidade con indicación xeográfica protexida. Durante a devandita xornada realizarase o taller “Percorrer Galicia a través dos seus viños, dende dentro da copa” a cargo da sumiller Mercedes González, demostracións culinarias, talleres de pan ou catas de queixo, entre outras actividades.

 

Sobre a D.O. Monterrei

A de Monterrei é unha das cinco denominacións de orixe vinícolas galegas. Confórmana 26 adegas do val de Monterrei, que abarcan os municipios de Verín, Monterrei, Vilardevós, Riós, Oimbra e Castrelo do Val. Os viñedos desta D.O. ocupan un total de 566 hectáreas de territorio nas que traballan 426 viticultores.

 

Comparte...