‘Viticultura y cambio climático. La huella de carbono’

A D.O. Monterrei organiza a Xornada técnica “Viticultura e cambio climático. A pegada do carbono”

Verín (Ourense), 13 de novembro de 2017. O próximo día 29 de novembro, terá lugar a xornada técnica “Viticultura e cambio climático. A pegada de carbono”, organizada pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), coa colaboración da D.O. Monterrei, o concello de Monterrei e o Instituto Galego de Calidade Alimentaria (Ingacal).

A mesma, que se realizará de 9 a 14 horas no Parador Nacional de Turismo de Verín, ten como obxectivos principais: dar a coñecer ao sector vitivinícola a influencia fundamental do cambio climático sobre el e as posibles ferramentas de adaptación ao mesmo, mostrar a potencialidade do cálculo da pegada de carbono de unha organización, produto ou servizo, así coma as distintas metodoloxías posibles para a súa estimación. Ademais de presentar os datos de cálculo da pegada de carbono de Evega como organización e dos seus viños institucionais como produtos, e mellorar o coñecementos sobre as fontes emisoras da contaminación dos gases de efecto invernadoiro no sector e o modo de identificar as oportunidades dun aforro enerxético.

Durante esta xornada se presentarán cuestións como “Plan de redución da pegada de carbono. O caso das adegas”, “Metodoloxía para o cálculo da pegada de carbono e o seu rexistro”, “Presentación do Proxecto Diversidade para a adaptación ao cambio climático na vitivinicultura” ou “Estratexia galega de cambio climático e enerxía 2050”, entre outros.

A xornada técnica “Viticultura e cambio climático. A pegada de carbono” está destinada a un máximo de 100 participantes (viticultores, adegueiros, enólogos, persoal técnico das adegas e dos consellos reguladores, persoal investigador e estudantes –con especial fincapé en mozos menores de 41 anos-). Os interesados en participar nesta acción formativa deberán inscribirse, ata o 27 de novembro a través da web de Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia ou a través da páxina web da Consellería do Medio Rural.

Comparte...