Galicia, e a D.O. Monterrei, de promoción en Cataluña

Galicia, e a D.O. Monterrei, de promoción en Cataluña

A Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta celebra este fin de semana en Barcelona as Xornadas Culturais, Empresariais e Gastronómicas de Galicia en Cataluña.

A Denominación de Orixe Monterrei participa neste programa cunha presentación do seu viño tinto barrica maridado co polbo de pescadeRías e os produtos de CRAEGA Agricultura Ecolóxica de Galicia. O sábado será a quenda do viño branco novo, que maridará os pratos do cociñeiro Álvaro Villasante, do restaurante Paprika de Lugo, con vieiras de PescadeRías.

Os viños galegos das cinco denominacións de orixe tamén protagonizarán unha cata con profesionais e prescriptores.

Comparte...