Monterrei recibe aos sumilleres de Castellón

Monterrei recibe aos sumilleres de Castellón

Os membros da Asociación de Catadoras de Castellón (ASUCAP) e hostaleiros da cidade, achegáronse ata Monterrei para coñecer o viño da súa denominación e o territorio no que se produce o pasado 20 de febreiro.

O grupo de expertos do viño iniciou o seu percorrido na sede do Consello Regulador, lugar no que foron recibidos pola presidenta do Consello Regulador da denominación, Lara Da Silva, e onde asistiron a unha pequena presentación das peculiaridades da zona e os viños de Monterrei. Seguidamente, desprazáronse ata o Castelo de Monterrei, onde formaron parte dunha visita guiada por esta acrópole, na que tamén estiveron acompañados pola presidenta. Tras o percorrido cultural, os participantes nesta xornada dirixíronse a tres adegas inscritas na denominación de orixe Monterrei, co obxecto de coñecer in situ os tintos e brancos que elaboran cada unha delas. As adegas visitadas foron Pazos do Rey, Castro de Lobarzán e Couto Mixto.

“Visitas destas características permiten coñecer a catadores e hostaleiros o territorio onde se elaboran os nosos viños, así como coñecer das mans dos adegueiros as peculiaridades e características dos mesmos”, destaca a presidenta.

Comparte...