La D. O. Monterrei se suma a la cesta solidaria de ADIVFE

La D. O. Monterrei se suma a la cesta solidaria de ADIVFE

A D.O. Monterrei sumouse á iniciativa solidaria posta en marcha pola Asociación de Descapacitados Físicos e Orgánicos ( ADIFVE) para realizar unha macro cesta solidaria de Nadal. O Consello Regulador da Denominación de Orixe, afirman ser “conscientes da importancia de formar parte da devandita iniciativa”.

Por isto, o colectivo de adegas ourensás uniuse a esta causa a través da achega de botellas de viño branco e tinto de adegas embotelladoras inscritas na denominación. Trátase dunha macrocesta está conformada por decenas de produtos, pertencentes aos sectores da alimentación, os pequenos electrodomésticos, o téxtil, a juguetería, etc. Todos eles facilitados polos establecementos da zona. Para poder entrar no sorteo foi necesario adquirir participacións, por valor dun euro, que se puxeron á venda en diferentes locais do municipio de Verín. O gañador da mesma será o que posúa o número que coincida, no sorteo do 22 de decembro, co Gordo de Nadal.

Sobre esta xenerosa achega á cesta do Nadal máis solidaria, a D. O. comunica que“Desde o Consello Regulador consideramos fundamental apoiar este tipo de iniciativas solidarias”, así o indicou a presidenta Lara Dá Silva, “xa o fixemos con Cruz Vermella e Femuro, e nesta ocasión con ADIFVE, xa que revela a importancia das actuacións realizadas por estas entidades sociais a favor dos seus concidadáns, e desde logo polas que seguiremos apostando nos próximos anos”.

A de Monterrei é unha das cinco denominacións de orixe vinícolas galegas. Confórmana 26 adegas do val de Monterrei, que abarca os municipios de Verín, Monterrei, Vilardevós, Riós, Oimbra e Castrelo do Val. Os viñedos desta D.O ocupan un total de 566 hectáreas de territorio nas que traballan 426 viticultores.

Comparte...