A Denominación de Orixe Monterrei: Viño oficial da Feira do Cocido de Lalín

A Denominación de Orixe Monterrei: Viño oficial da Feira do Cocido de Lalín

Os viños da Denominación de Orixe Monterrei serviranse, por séptimo ano consecutivo, na L Feira do Cocido de Lalín

Os viños serviranse tanto nas actividades promocionais previas como na celebración do Cocido Solidario.

Entre as accións promocionais previas, nas que están presentes os viños da D.O. Monterrei atópanse:

  • O Mes do Cocido,  na que participan 25 restaurantes 
  • E O Cocido en Ruta, unha food truck que presenta a L Feira do Cocido de Lalín polas localidades de Moaña, Monforte de Lemos, Ponferrada, O Barco de Valdeorras e Santiago de Compostela.

O día grande desta celebración será o 4 de febreiro, día no que se celebrará o Cocido Solidario, unha iniciativa que sustitúe a tradicional comida oficial que recadará fondos para Aspadeza, Asociación Discapacidad Intelectual, unha entidade sen ánimo de lucro, recoñecida pola súa labor a favor de mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual a través da súa integración social e laboral.

A este Cocido Solidario, asistirá a presidenta da D.O. Monterrei, Lara Da Silva, xa que serviranse viños das bodegas que conforman a denominación de Monterrei.

A presidenta valora esta iniciativa promocional como “moi positiva” para a denominación, xa que as previsións de visitantes que manexa o Concello de Lalín para estas semanas son de máis de 3.500 comensais ao día, “o que supón que nosos viños serán coñecidos por un gran número de veciños, visitantes e turistas durante estas xornadas”.

Sobre a D.O Monterrei

A Denominación de Orixe de Monterrei é unha das cinco denominacións de orixe vinícolas galegas.

Confórmana 26 bodegas do val de Monterrei, que abarca os municipios de Verín, Monterrei, Vilardevós, Riós, Oimbra e Castrelo do Val.

Los viñedos desta D.O ocupan un total de 566 hectáreas do territorio nas que traballan 426 viticultores.

Comparte...