Gargalo e Quinta da Peza álzanse como os mellores viños das Catas de Galicia 2015

Gargalo e Quinta da Peza álzanse como os mellores viños das Catas de Galicia 2015

O panel de expertos da XXVII Cata dos Viños de Galicia elixiu a Gargalo Treixadura&Albariño, da adega Gargalo D.O Monterrei como o Mellor Viño Branco de Galicia mentres que o Mellor Viño Tinto desta edición das Catas de Galicia  foi para Quinta da Peza, da adega homónima, D.O. Valdeorras. No acto de entrega, que tivo no Hostal dos Reis Católicos, tamén se deron a coñecer o resto dos 34 viños premiados e os 5 destilados que foron distinguidos nas Catas dos Viños e Aguardentes 2015, outorgados anualmente pola Consellería de Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia.

A estas distincións presentáronse un total de 215 viños pertencientes ao cinco denominacións de orixe e 37 destilados amparados baixo o CRIIXX Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.

Ademais dos dous mellores viños, tamén se outorgaron os Acios de Ouro que na Denominación de Orixe Ribeiro foi para Alter (Adega Viña da Cal, S.L.); Godello Facenda Ucediños (Eladio Santalla Paradelo) pola D.O. Valdeorras; Albariño Valtea (Vilarvin, S.L.) por Rías Baixas; Mencía Don Bernardino (Don Bernardino, S.L.) pola D.O Ribeira Sacra e Quinta das Tapias Colección Treixadura (Pablo Branco Núñez S.L) pola D.O Monterrei.

Os Acios de Prata recaeron en Divino Rei (D.O. Ribeiro); Godeval (D.O. Valdeorras); Señorío de Sobral (Rías Baixas), Don Ramón (Ribeira Sacra) e Terras do Cigarrón (Monterrei); en tanto que os de Bronce foron para Colección 68 Treixadura de Viña Costeira (Ribeiro); A Coroa (Valdeorras); Señorío de Rubiós (Rías Baixas); Adega Vella (Ribeira Sacra) e Quinta das Tapias (Monterrei). Así mesmo, o viño Cordón de Santo André (D.O. Ribeiro) obtivo o Acio de Ouro na categoría de Viño de Colleiteiro Branco e o Viña Peón (D.O. Ribeira Sacra) na de Tinto.

Respecto dos destilados, o Pote de Ouro foi para Quenza (Customdrinks, S.L.U.) e o de Prata para Pazo de Señoráns. Por último, na IV Cata dous Licores Tradicionais, o Pote de Ouro obtívoo Bouza do Rei; o de Prata, Martín Códax; en tanto que Abadía da Cova foi galardoada co Pote de Ouro na categoría I.X. Licor Café.

Consulta a relación completa de premiados.

Comparte...