Solicitada a inscripción da IXP Pimento de Mougán nos rexistros comunitarios

Solicitada a inscripción da IXP Pimento de Mougán nos rexistros comunitarios

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a solicitude de inscrición no rexistro comunitario da Unión Europea da indicación xeográfica protexida Pemento de Mougán.

O ámbito xeográfico da IXP Pemento de Mougán comprende a totalidade do territorio do concello lugués de Guntín. O nome da denominación “Mougán” é o do topónimo desta parroquia, dende onde partían no transporte público os pementos destinados ao mercado da capital. As características deste produto veñen recollidas no propio Diario Oficial de Galicia.

A inscrición do produto como indicación xeográfica protexida baséase tanto nas súas características específicas ligadas ao territorio -por tratarse dun ecotipo de pemento adaptado ás condicións desta área- como pola súa reputación, fundamentalmente recoñecida no ámbito da Comunidade.

Estes pementos teñen a particularidade de que se comercializan picantes ou doces, pero por separado, xa que nas primeiras fases de desenvolvemento son doces para acabar converténdose en picantes cando medran.

Os pementos de Mougán comercialízanse fundamentalmente na praza de abastos de Lugo e en establecementos da zona de produción.

Comparte...