Música, gastronomía e viño na terceira edición do Enofestival de Ourense

Música, gastronomía e viño na terceira edición do Enofestival de Ourense

sábado 1 de xullo de 2017 é a data escollida para a celebración do III Enofestival Ourense, que se desenvolverá dentro da programación oficial das Festas de Ourense 2017, grazas á colaboración conxunta da Concellaría de Cultura, a Asociación de Colleiteiros do Ribeiro, os patrocinadores privados e a organización del evento.

Un festival Pop-Rock, onde gozar da boa música, os excelentes viños de 6 adegas de Colleiteiros/as do Ribeiro e o recinto do Bulevar Termal de As Burgas. As adegas que participan son:

-Sameirás

-Catro Ferrados

-Vilerma

-Canción de Elisa

-Adegas Valdavia (Cuñas Davia)

-Viña Carpazal

Ademais de viño, ofertaranse bebidas sen alcohol e habilitarase unha zona gastronómica, onde degustar tapas elaboradas con produtos de proximidade, para que os asistentes poidan cear durante o evento.

Os grupos participantes neste III Enofestival Ourense serán (por orde de actuación):

-MCarballo Band (Ourense)

-The Limboos (Madrid)

-Arizona Baby (Valladolid)

As entradas para o evento teñen un custe de 6 euros (anticipada) e de 8 euros en taquilla, o día do concerto. Ata o xoves 30 de xuño, poderán adquirirse de maneira anticipada en Peggy Records (Samuel Eiján, 9) e no Trampitán (Praza Maior), na cidade de Ourense.

Dita entrada dará dereito a unha Copa (para a cata de viños) e a un viño de cortesía, cos que serán obsequiados os asistentes no momento de acceder ao recinto. En adiante, os viños das distintas Enobarras terán un custe, que variará en función de cada adega participante. A entrada ao recinto está prohibida para menores de 18 anos, excepto se van acompañados polo pai, nai ou titor legal autorizado. Os menores de 14 anos non pagarán entrada, podendo acceder ao evento nas mesmas condicións anteriormente reseñadas.

O Enofestival abrirá as portas ás 20 horas. Ás 00.30 está prevista a clausura do festival.

Comparte...