Nace o pop-up store do Mercado da Colleita

Nace o pop-up store do Mercado da Colleita

O próximo martes 22 de xullo abrirá as súas portas o pop-up store do Mercado da Colleita na Coruña, tenda que, como o seu propio nome indica, ten como propósito percorrer diferentes localizacións galegas no futuro. O seu obxectivo principal, tal e como indican os seus patrocinadores R, Corporación Fillos de Rivera e Gadis, é impulsar o desenvolvemento socioeconómico de Galicia e a sostibilidade do medio rural.

A tenda permanecerá aberta na céntrica rúa Riego del Agua ata principios de outubro. Cada semana, este “mercado” cambiará de imaxe e de produtor protagonista e ofrecerá talleres, degustacións e diferentes actividades abertas ao público. O formato permitirá o contacto directo do consumidor con marcas como Cortes de Muar, Buxaina, Daveiga, Pazo de Vilane, Olei, Arqueixal, Ecocelta, Idoia Cuesta, Granxa Maruxa ou os encargados de cultivar as mazás coas que se elabora a sidra Maeloc e as uvas dos viños Ponte da Voga.

Máis información www.mundohr.com

Comparte...