Nace a primeira anada de albariño Rías Baixas envellecido en barrica de granito

Nace a primeira anada de albariño Rías Baixas envellecido en barrica de granito

Baixo o nome  Pedra  Nai de Santiago Roma xorde unha edición limitada do primeiro albariño Rías Baixas envellecido en barrica de granito. Esta idea, que utiliza as propiedades da pedra para aumentar o valor engadido do viño, xorde da man de Ánforum, un proxecto creado grazas ao traballo de EPETRUMBodegas Santiago Roma e Cayetano Otero Asesoría Enológica e que buscaba comercializar barricas de granito galego.

O Pedra Nai de Santiago Roma é un viño procedente de cepas vellas de albariño e conservado nestas barricas de pedra para conseguir unha maior intensidade e que xa obtivo moi bos resultados de cata. A  porosidade do granito de Galicia facilita a  microoxixenación e que a temperatura do viño se manteña sen cambios bruscos, conseguindo que o viño vaia adquirindo a  mineralidade da pedra.

Trátase dunha aposta polo I+D+I no sector vitivinícola e que verá a luz proximamente, previsiblemente no mes de setembro. Será unha Edición Limitada que permitirá, a todos aqueles que poidan probala, xulgar esta incorporación da pedra ao mundo vinícola.

 

Comparte...