Narón seguirá organizando actividades baixo a marca “Narón Gastronómico”

Narón seguirá organizando actividades baixo a marca “Narón Gastronómico”

O concello coruñés de Narón continuará realizando actividades gastronómicas baixo a marca “Narón Gastronómico” despois dos bos resultados conseguidos durante o pasado Entroido, segundo asegurou o concelleiro de Promoción Económica de Narón, Pablo Villamar, que calificou de “moi satisfactorio” o resultado do Narón Gastronómico Entroido 2013.

O concelleiro salientou “a colaboración e a xenerosidade dos hostaleiros nesta acción levada a cabo polo Concello, tanto pola alta participación, como polo gran esforzo feito ao elaborar durante varias xornadas unha gran variedade de pratos de calidade sen custe algún para os clientes”.

Na promoción participou un gran número de establecementos da localidade que ofreceron aos seus clientes tapas de balde. Asemade, sorteáronse dez ceas para dúas persoas.

Comparte...