Noite de fogos, comida e música en directo para o Apóstolo, no AC Palacio del Carmen

Noite de fogos, comida e música en directo para o Apóstolo, no AC Palacio del Carmen

A noite do 24 de xullo, o hotel compostelán AC Palacio del Carmen vai celebrar un evento moi especial: “The secret garden: food, fuegos & live music. “ Os asistentes poderán degustar unha variada cea-cóctel ás 21,30 no xardín do establecemento, ver os fogos do día do Apóstolo dende o miradoiro mentres saborean amorodos bañados en chocolate e champaña, e por último pechar a xornada cunha barra de Gin&Tonics ata as 2,30 da madrugada. Ademais do espectáculo pirotécnico dende un ámbito privilexiado, os que aposten por esta proposta para celebrar as festas patronais de Santiago disfrutarán da actuación de DJ ´s e música en directo.

O custo da entrada é de 40 € por persoa. Xa se poden realizar as reservas vía email acforum.pcarmen@achotels.com ou vía telefónica 981552444.

Comparte...