Noelia Bebelia inicia unha investigación para illar fermentos autóctonos

Noelia Bebelia inicia unha investigación para illar fermentos autóctonos

A adega Noelia Bebelia, da D.O. Rías Baixas, iniciará un proxecto de investigación para illar fermentos autóctonos no seu propio terreo

O obxectivo desta iniciativa é obter un viño único no mercado, no que a materia prima, uvas e fermentos, procedan 100% de leira propia, algo pouco habitual na maior parte de adegas que utilizan fermentos comerciais procedentes doutras rexións.

A utilización de fermentos comerciais leva un efecto uniformizar dos viños. A razón é que os lévedos que non son específicos dunha área non están adaptados ás condicións climáticas nin ao mosto.

O proxecto de Noelia Bebelia comezará este verán e ten unha duración estimada de dous anos. Coa colaboración dun centro de investigación privado, levará a cabo o illamento de fermentos autóctonos en fermentación espontánea, identificaranse e realizarase unha caracterización xenética das cepas seleccionadas. Así, obterán un viño elaborado na súa totalidade con materia prima propia.

Noelia Bebelia é unha microbodega fundada por unha moza parella, Simón e Noelia, na subzona de Soutomaior, dentro da D.O. Rías Baixas, onde elaboran o seu viño homónimo, un albariño monovarietal.

Comparte...