Nor-Ibérica de bebidas xa pode usar o selo Galicia Calidade

Nor-Ibérica de bebidas xa pode usar o selo Galicia Calidade

Nor-Ibérica, a firma de augardentes e licores galegos, engade nalgúns dos seus produtos o selo Galicia Calidade ao do Consello Regulador das Indicacións Xeográficas das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia

A firma Nor-Ibérica de Bebidas, especializada na elaboración de augardentes e licores de gran calidade de forma artesanal e radicada en Maside (Ourense), xa conta co selo da marca de garantía Galicia Calidade para algúns dos seus produtos.

En concreto, a compañía pode incluír o selo Galicia Calidade para os augardentes brancos, de herbas, licor café e licor de  herbas, comercializadas coas marcas Felipe Saavedra e Marqués de Marialva. Ese selo pode lucirse nas etiquetaxes dos produtos  certificados, así como nas diferentes accións promocionais.

Nor-Ibérica de bebidas elabora licores tradicionais galegos, de forma artesanal, con bagazos  controlados polo Consello Regulador das Indicacións Xeográficas das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.

Este recoñecemento mereceu un acto público no que participaron a directora xeral de Comercio da Xunta, Sol Vázquez, e máis o xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro,.

Galicia Calidade suma na actualidade 79 empresas e máis de 300 produtos certificados.

Comparte...