As ‘Notas de Cata’ inauguran a programación anual da Ruta do Viño Rías Baixas

As ‘Notas de Cata’ inauguran a programación anual da Ruta do Viño Rías Baixas

As sesións comezan o próximo 16 de marzo na sede do Consello Regulador da D.O. Rías Baixas e chegarán ata Oporto

A Ruta do Viño Rías Baixas, incluida no Club de Producto das Rutas do Viño de España, estrenará súa programación anual de actividades cuhna importante novedade: Catas de viño da D.O. Rías Baixas de adegas asociadas armonizados con actuacións musicais e coas conservas galegas proporcionadas pola Asociación ANFACO-CECOPESCA.

“Quixemos ir un paso máis alá nas Catas entre Amigos aunando viño, gastronomía e música, xa que a súa armonización parece do máis adecuada”, explica a xerente da asociación sen ánimo de lucro, Lorena Varela.

Así, as Notas de Cata combinarán os comentarios sobre as distintas elaboracións presentadas, que realizará o catador José Aragunde, coa música en directo e en acústico dun dueto de violín e violonchelo.

Cada un dos viños degustados estará acompañado por unha canción e, ao final da cata, ofrecerase unha degustación de conservas de peixes e mariscos de ANFACO-CECOPESCA, xunto cun pequeno concerto. Os ritmos variarán dende a interpretación de bandas sonoras do cine á música clásica pasando polo jazz ou o pop.

As Notas de Cata iniciarán seu percorrido o vindeiro 16 de marzo ás 20.00 horas na sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas (Pontevedra).

O prezo desta actividade é de 8 euros e a adquisición de entradas débese realizar no portal de Ataquilla.com.

A continuación, e gracias á colaboración de El Corte Inglés, desenvolveranse nos centros comerciais que a multinacional ten na Coruña, Santiago de Compostela (20 de abril) e Vigo (27 de abril).

Ademais da música ofrecerase unha armonización dos viños con conservas galegas.

O broche de ouro ás Notas de Cata

Porase na cidade de Oporto. O Corte Inglés desta cidade acollerá a última das sesións de degustación de viños, música en directo e productos gourmet. “Queremos agradecer a El Corte Inglés a súa colaboración no desenvolvemento destas actividades, xa que sen eles non sería posible”, concreta Lorena Varela.

A xerente tamén destacou a implicación por parte desta empresa en todas as iniciativas que buscan a posta en valor da enogastronomía do territorio de Rías Baixas. Nas súas palabras, “Resultan un apoio fundamental para seguir avanzando na posta en marcha de propostas diferenciadas e con productos de primerísima calidade.

Un apoio ao que se une o da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescado (ANFACO-CECOPESCA). “Con este son xa tres anos de colaboración nas catas organizadas pola Ruta do Viño Rías Baixas, o que nos permite mostrar a calidade das conservas de peixes e mariscos galegos e armonizalos cos viños de nosas adegas asociadas”, explica Varela.

 

Propostas diferenciadas

Dende a Ruta do Viño Rías Baixas tamén se proporán propostas diferenciadas para as Xornadas de Portas Abertas das Rutas do Viño de Galicia, que se celebrarán en maio.

Ademais dos tradicionais Buses do Viño, se proporán actividades onde a música e a maxia tomarán especial protagonismo. Para a conmemoración do Día Europeo do Enoturismo ofrecerase unha versión renovada da xa consolidada Cata Amateur.

Asimesmo, seguirase apostando pola armonización do enoturismo e deporte coa terceira edición da BTT Ruta do Viño Rías Baixas. Prevendo a súa celebración para o próximo mes de outubro.

En definitiva, unha amplia variedade de propostas coas que a Ruta do Viño Rías Baixas espera seguir fidelizando aos amantes da enogastronomía e sumando novos visitantes a este itinerario enoturístico.

Comparte...