O GRUPO NOVE CELEBRA O SEU ANIVERSARIO CUN SHOW COOKING EN MADRID

O GRUPO NOVE CELEBRA O SEU ANIVERSARIO CUN SHOW COOKING EN MADRID

O grupo Nove, que integra a 22 cociñeiros galegos, cumpre dez anos e celébrao cun show cooking que terá lugar o 19 de novembro no madrileño Teatriz, co apoio da secretaría xeral para o Turismo da Xunta de Galicia

Os integrantes do grupo elaborarán en directo, ante un auditorio de 300 persoas, os seus pratos máis emblemáticos.

O acto contará coa asistencia de profesionais de alta cociña, representantes de asociacións e grupos gastronómicos, personalidades do ámbito empresarial ligadas ao sector culinario e da alimentación, así como medios especializados e xeneralistas, plataformas de difusión ligadas ao sector da gastronomía e bloggers máis influentes.

As celebracións polo décimo aniversario terán o seu momento cume no primeiro semestre de 2013 cun acto, aberto a todo o público, que o grupo prevé celebrar no marco da Cidade da Cultura de Galicia.

Comparte...