Novidades no viño galego

Novidades no viño galego

A D.O. Valdeorras situose no terceiro posto da Guía Peñín 2016 con 89,7 puntos de media. Pola súa banda, varias marcas da D.O. Rías Baixas participaron nunha cata amateur en Cambados

A D.O. Valdeorras está de boa sorte, e é que conseguiu coarse no terceiro posto da Guía Peñín 2016 con 89,7 puntos.

Para a elaboración desta guía catáronse marcas de 30 adegas da Denominación de Orixe Valdeorras. A maioría delas conseguiron máis de 90 puntos, e as máis valoradas foron Telmo Rodríguez, Valdesil, Rafael Palacios, La Tapada, Santa Marta, Avancia e Godeval.

Por outra banda, a localidade pontevedresa de Cambados acolleu a celebración da IV Cata Amateur Ruta de Viños Rías Baixas, que estivo dirixida polo catador Nacho Costoya.

Preto dun centenar de persoas participaron na cuarta edición desta cita, na que os concursantes degustaron as novidades no viño galego Rías Baixas. Foron un total de 21 as persoas que conseguiron recoñecer os tres viños da cata a cegas despois de completar unha degustación inicial de cinco marcas.

De entre todos os vencedores da IV Cata Amateur realizouse un sorteo dun enopack de fin de semana en establecementos asociados da Ruta do Viño. A agraciada, neste caso, foi Emilia Martínez que gozará de visitas a adegas e dun aloxamento por unha noite nunha casa rural.

Comparte...