CAZA E COGOMELOS EN SANTIAGO, NO CANEY

CAZA E COGOMELOS EN SANTIAGO, NO CANEY

O restaurante Caney de Santiago,  do Hotel Eurostars Araguaney, ofrecerá a tódolos seus clientes unha gran variedade de pratos de caza e setas de tempada. O mes de novembro é o mes por excelencia destes manxares otoñais, e o Caney decidiu incorporar distintas opcións destas ledicias á súa carta habitual.

Ata principios de Decembro ofrecerá, entre outras especialidades con caza e setas, lomo de cervo as herbas con puré trufado e salsa de cereixas, cinta de xabarín marinada a prancha con crema de castañas e mazá caramelada, royal de lebre con foie, puré de cabaza cítrico e dados de marmelo caseiro, salteado de cogumelos silvestres ao allo con ovo escalfado e xamón ou piruletas de codorniz cruxientes con aceite de chile pantasma.

E para os larpeiros, o Caney ofrece postres con productos galegos da tempada, como brownie de castañas confitadas con crema de vainilla bourbon, creme broulee de tomiño limón con froitos do bosque ao caramelo e requeixo de as neves con dados de marmelo santa Teresa e noces.

Ledicias ao alcance da man dos que se acheguen ao Restaurante Caney de Alfredo Brañas, en Santiago de Compostela. Máis información e reservas na web www.caney.es e no 981559603.

Comparte...