Nova visita do catador de The Wine Advocate ao CRDO Ribeiro

Nova visita do catador de The Wine Advocate ao CRDO Ribeiro

C.R.D.O. Ribeiro recibiu a Luis Gutiérrez, prestixioso catador de The Wine Advocate, publicación do norteamericano Robert Parker.  A cata dos viños da D.O. Ribeiro tivo lugar na sede do Consello Regulador, en Ribadavia, e estivo acompañado por Cristina Alcalá e Nuria Álvarez, xerente e directora técnica do organismo.

Na súa cuarta visita a esta Denominación de Orixe mostrouse moi satisfeito pola calidade dos seus viños. Nesta ocasión, Luis Gutiérrez catou máis de 30 referencias entre viños brancos, tintos e tostados. Evidénciase así o continuo interese e a boa aceptación do consumidor dos viños da D.O. Ribeiro pola “súa frescura, complexidade e identidade dos Ribeiros, viños que mostran unha marcada personalidade baseada na súa agroclimatoloxía e coñecemento ancestral” tal e como dixo o crítico de The Wine Advocate nunha anterior visita.

Comparte...