Un total de nove expertos visitaron seis bodegas da D.O. Ribeiro nunha nova misión inversa

Un total de nove expertos visitaron seis bodegas da D.O. Ribeiro nunha nova misión inversa

D.O Ribeiro recibe unha delegación de nove importadores estadounidenses expertos para visitar seis bodegas da denominación de orixe

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro continuou este ano co plan de promoción e apertura de mercados en Estados Unidos comezado o ano pasado.

Un total de seis bodegas: AlanísCoto de GomarizPazo de CasanovaPazo do MarPriorato de Razamonde e Viña Costeira, participaron nesta misión comercial e de promoción da D.O. Ribeiro.

A acción consistiu nun viaxe de profesionais do sector vitivinícola de distintos estados de Estados Unidos (Colorado, Nova York, Washington D.C., Florida, Georgia, Illinois).

Continuando coa liña marcada no C.R.D.O. Ribeiro, Estados Unidos é un dos países obxetivo para esta Denominación de Orixe para abrir mercados aos viños das bodegas así como dar a coñecer a rexión: territorio, historia, gastronomía e tradicións.

As seis bodegas presentaron seus viños e amosaron seu saber facer aos nove profesionais, entre compradores, importadores e distribuidores.

Os nove expertos puideron descubrir a historia e viños con catas en viñedos, coñecer pazos históricos da comarca, visitar todas as bodegas participantes no plan, catar os viños da colleita 2017, facer catas verticales para ver cómo se comportan los vinos de variedades autóctonas con el paso del tiempo… En resumen, adentrarse en profundidad en la Denominación de Origen más antigua de Galicia y una de las primeras de España.

Comparte...