O CAMIÑO MÁIS DOCE percorrerá o Camiño  Mozárabe de Córdoba a Santiago poñendo en valor as sobremesas típicas de cada etapa

O CAMIÑO MÁIS DOCE percorrerá o Camiño Mozárabe de Córdoba a Santiago poñendo en valor as sobremesas típicas de cada etapa

Esta mañá presentouse nas instalacións de El Corte Inglés de Santiago de Compostela o proxecto O Camiño máis Doce, que nace co propósito de poñer en valor o Camiño Mozárabe e as sobremesas típicas que se atesouran ao longo do percorrido.
Para conseguir este propósito, M. Vitoria Morais partirá desde Córdoba o luns día 2 de abril, coa previsión de chegar a Santiago o 15 de maio. Na presentación celebrada esta mañá no Salón de Ámbito Cultural de El Corte Inglés de Santiago, M. Vitoria explicou que levaba pensando varios anos no proxecto, que decidiu poñer en marcha neste ano para pechar un ciclo. Cordobesa de nacemento e compostelá de adopción, confesou que une así as súas dúas cidades cando se cumpren 25 anos da súa chegada a Santiago.
A iniciativa fará posible poñer en valor o Camiño Mozárabe e unha mostra das sobremesas típicas de cada un dos pobos polos que transcorre a ruta, seguindo a liña de posta en valor da cociña tradicional do seu blogue ‘Taller de Azucar’. Para iso, conta co apoio de asociacións e entidades das localidades polas que realizará o Camiño, así como coa de Asociacións de Amigos do Camiño de Córdoba, Badaxoz, Mérida e Cáceres, que a acompañarán durante algunha das etapa.
Comparte...