O Fogar do Santiso, ás portas do Premio Triodos Empresas

O Fogar do Santiso, ás portas do Premio Triodos Empresas

O Fogar do Santiso foi nomeada como unha das empresas finalistas para os premios Triodos Empresas que se fallan en Madrid no marco da celebración da segunda edición do Encontro de Empresas con valores: Alianzas para o cambio. A empresa de Teo é a única nomeada en Galicia, un recoñecemento que, a dicir do seu xerente, Xosé Santiso, xa é todo un logro, pois disputa este recoñecemento con outro cinco empresas de toda España: o centro de terapias ecuestres Centauro Quirón , en Murcia; a Escola Ideo, en Madrid; a organización conservacionista SÉ/BIrdLife; Claros SCA , cooperativa andaluza de servizos sociais e sociosanitarios e a asociación cultural Haceria Arteak-ZAWP, en Bilbao.

Todos os finalistas interveñen previamente nunha mesa redonda onde contarán que significa a colaboración no seu traballo diario. Tras a reflexión e o debate, anunciarase o gañador, que recibirá 10.000 euros en metálico.

O encontro impulsado pola banca ética ten como obxectivo reflexiionar sobre o cambio cara a unha economía máis humana e sustentable require alianzas que aúnen esforzos de cidadáns, empresas e organizacións sociais a favor doutro modelo de sociedade, propiciando coñecer exemplos deste tipo de alianzas entre a banca, as empreas e o financiamento colectivo.

Comparte...