O Grove presume da calidade da súa centola ata o 9 de decembro con numerosas propostas gastronómicas

O Grove presume da calidade da súa centola ata o 9 de decembro con numerosas propostas gastronómicas

Tras abrirse a veda na madrugada do 11 de novembro, O Grove celebra estes días e ata o 9 de decembro as XVII Xornadas da Centola con múltiples actividades que teñen como obxectivo principal promocionar o consumo dun crustáceo que se comercializará a partir de agora co selo de calidade ‘ Centolo do Grove’.

Charlas divulgativas e gratuítas na lonxa sobre o ciclo de vida da centola, o I Ruta Centoleira polos locais participantes, a VI Travesía Marítima do Centolo Larpeiro pola Ría de Arousa ou varias grandes centoladas en distintos locais da vila pontevedresa servirán para dar a coñecer as propiedades deste prezado marisco e demostrar a gran versatilidade do produto.

Degustación para blogueiros e xornalistas

Neste sentido, ademais de poñer sobre a mesa a maridaxe perfecta entre a centola e a vaca cachena grovenses, algúns establecementos elaboraron pratos tan diversos como arepas, cachorros, tartar ou nem de centola, propostas que xa puideron degustar o mércores un grupo de xornalistas e blogueiros a bordo dunha embarcación de Cruceiros Rías Baixas antes de que nos próximos días sexanlles ofrecidas aos clientes.

A todas estas iniciativas gastronómicas súmanse outras cun compoñente máis lúdico e social como a tradicional poxa solidaria dos maiores exemplares macho e femia, unha homenaxe aos mariñeiros xubilados, o nomeamentos dos primeiros confrades da asociación Centolo Larpeiro ou a presentación da árbore centoleiro, a peculiar árbore de nadal cuberto con caparazones de centola.

21 establecementos participantes

Un total de quince restaurantes e sete establecementos hostaleiros participan na presente edición das Xornadas da Centola (consulta aquí o programa), que organiza a asociación de Empresarios Grovenses de Bens e Servizos ( Emgrobes). Entre setenta e oitenta embarcacións dedícanse nesta época á pesca da prezada centola meco, cuxa calidade vén determinada polas especiais condicións desta zona da ría arousá.

Comparte...