O Grove acolleu o showcooking de Rafa Centeno e Inés Abril

O Grove acolleu o showcooking de Rafa Centeno e Inés Abril

Os cociñeiros, da man de Mahou, prepararon vieiras, lagostinos, bogavante e un ceviche de marisco

Os asistentes tamén puideron gozar de cursos de tiraje de cervexa

Os chefs do Maruja Limón, único restaurante con Estrela Michelin de Vigo, Rafa Centeno e Inés Abril, realizaron un showcooking para pór en valor as posibilidades do marisco do Grove, ao abeiro da súa festa gastronómica, e a súa maridaxe con cervexa.

Abril e Centeno quixeron mostrar algunhas claves para sacar maior partido dos produtos do mar coa preparación de catro pratos: vieira con chile e allada, lagostino con falsa menier e falso risoto, ceviche de mariscos e bogavante.

A continuación, a Carpa Mahou acolleu un curso de tiraxe, de balde para os asistentes. Unha experta tiradora desvelou algúns trucos do tiraxe para saborearmos unha boa cervexa así como a importancia de mollar o vaso ao comezar, virar 45º a copa para que a cervexa escorregue pola parede ou deixar unha crema de 2 centímetros..

A cervexeira Mahou, coma un dos patrocinadores da Festa do Marisco do Grove, colabora coa posta en marcha de distintas actividades de lecer e entretemento para completar a oferta gastronómica deste evento.

Comparte...