O aceite Olei amosa o seu deseño na Escola Mestre Mateo

O aceite Olei amosa o seu deseño na Escola Mestre Mateo

O Aceite Galego Olei amosou a súa imaxe de marca e deseño na Escola de Arte Superior e Deseño Mestre Mateo, de Santiago.

A directora xeral da compañía, María Estévez impartiu a conferencia “Olei Aceite Galego de Oliva Virxe Extra. O deseño como liña de éxito”, repasando como cómpre a imaxe dun produto para o seu bo posicionamento e máis para a súa aceptación nos mercados.

A firma quere ser innovadora en canto a packaging e imaxe. Cada peza de deseño elabórase seguindo unha liña visual que reflicta os atributos propios da súa materia prima e que debe harmonizar cos distintos mercados e consumidores de hoxe en día.

Olei conta cunha ampla gama de produtos: botellas tradicionais de 500, 250 e 50 mililitros, estoxos regalo, envases da colección Sargadelos, bombóns líquidos de aceite creados coa pastelaría compostelá Doce…

Comparte...