Aceite Olei amosou o seu su deseño na Escola Mestre Mateo

Aceite Olei amosou o seu su deseño na Escola Mestre Mateo

O deseño do Aceite Olei e a súa incidencia no posicionamento no mercado foron protagonistas dunha sesión na Escola de Arte Superior e Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela

María Estévez, directora xeral da firma, tomou a palabra o martes 5 de marzo para mostrar os alumnos, dun xeito práctico, aspectos como o obradoiro de traballo ou a liña de deseño do estoxo regalo de Olei. Outros dos puntos da xornada foron a selección da vangarda como sinal de identidade da marca, a situación nos lineais…

Olei Aceite galego de oliva virxe extra quere xuntar innovación conceptual e estética. Para iso aposta polo concepto de exclusividade da materia prima e pola creatividade dunha imaxe que foxe do deseño tradicional das botellas de aceite.

Na súa traxectoria, a firma descubriu unha nova tipoloxía non catalogada entre as 272 recoñecidas polo Banco Mundial de Xermoplasma da oliveira. O seu aceite procede de olivas autóctonas de oliveiras centenarias das bisbarras de Quiroga e Valdeorras.

Comparte...