Javier Olleros falará no Forum de Girona sobre o seu compromiso co produto e o territorio

Javier Olleros falará no Forum de Girona sobre o seu compromiso co produto e o territorio

Javier Olleros, cociñeiro do restaurante Culler de Pau, recentemente galardoado coa súa primeira estrela Michelín, estará presente no Forum de Xirona cun relatorio titulado “Respecto coa contorna, compromiso co produtor”.

Oleiros indicou a BenBo que aínda están a comezar a preparar o traballo que presentarán no Forum, pero que o mesmo se baseará en pratos que detrás teñan unha historia que contar. “Non queremos falar de técnicas ou receitas, senón de produtos e de produtores, do mar e a terra”, dixo o cociñeiro.

A través do seu relatorio Olleros desexa “contar a filosofía do noso restaurante a través dos produtos e o noso compromiso con eles e coa nosa terra?.

O Forum Gastronomic terá lugar entre os días 24 ao 26 de febreiro próximos. O programa completo pode verse na súa web.

Comparte...