Os alumnos do CIFP Compostela estudan as diferenzas entre boi e vaca

Os alumnos do CIFP Compostela estudan as diferenzas entre boi e vaca

O xefe de cociña do Asador O´Pazo de Padrón será o experto convidado á xornada denominada “ boi ou vaca”, que terá lugar mañá 9 de maio ás 17 h, destinada ao alumnado dos ciclos de Cociña e Gastronomía e Dirección en Cociña do centro en Compostela. Esta actividade completa a visita que organizou o centro de formación profesional ao matadoiro de Bandeira.

Na xornada, que será esencialmente práctica, Óscar Vidal explicará as características físicas e organolépticas das diferentes pezas de carnes de vacún maior e os procesos de maduración das reses desde os 30 aos máis de 120 días. Os futuros hostaleiros tamén coñecerán as transformacións que se producen en cada peza de lombo co paso do tempo e experimentarán a diferenza de sabor que lle achegan as elaboracións en grella de carbón e en placa.

Comparte...