Os augardentes de Godeval patrocinan o XVI Campionato Galego de Coctelería

Os augardentes de Godeval patrocinan o XVI Campionato Galego de Coctelería

Os augardentes e licores de Bodegas Godeval patrocinarán por primeira vez un dos premios do XVI Campionato galego de Coctelería. O día 3 de abril celebrarase en Santiago de Compostela unha nova edición deste campionato e a marca “Mosteiro de Xagoaza” estará presente como patrocinador.

Asociación Galega de Barmen (Agaba) organiza este campionato no que se elixirán os mellores cocteleiros de Galicia en diferentes categorías. O primeiro premio na categoría de Jóvenes Barmans estará patrocinado polos espirituosos que elabora esta bodega valdeorresa a partires dos bagazos da variedade godello. A bodega quere impulsar o uso dos augardentes e licores no mundo da coctelería. Proba disto é a inclusión de cocteleiros nos eventos que están organizando, ultimamente, na bodega en O Barco de Valdeorras.

Augardentes e licores que proceden de augardentes de godello

Os augardentes e licores marca “Mosteiro de Xagoaza” están amparados polo Consello Regulador de Augardentes de Galicia, contando ademais con numerosos premios e altas puntuacións nas guías de expertos do sector. A bodega elabora augardente branca, licor de herbas, licor café e un augardente envellecido en barricas de carballo durante 12 anos. Todas elas baixo a marca “Mosteiro de Xagoaza”, en recordo do lugar no que elaboran estes espirituosos.

Comparte...